Out 212013
 2013-10-21T09:35:39+00:00

Xose Lois GonzálezO pasado mércores 2 de outubro inaugurouse a exposición itinerante ‘Carrabouxo: Non publicados’ no CSC das Fontiñas, para o que contamos coa presenza de Xose Lois González, o seu autor, e para o que dispuxemos dun pequeno audiovisual que serviu para introducirnos no personaxe.

Animación O CarrabouxoFalounos a seguir o Xose Lois do proceso de creación desta serie animada e do fito histórico que constituiu por ser a primeira serie de animación integramente feita en Galiza por animadores galegos. Traballaron nela trece animadores, baixo a dirección de Lhosca Arias.

Aquí tedes un pequeno fragmento de video da intervención de Xose Lois na inauguración da exposición.

O Carrabouxo e a censura

A continuación Xose Lois comentou as distintas formas de censura que sufriu ao longo da sua carreira, nos que debuxou máis de 11000 carrabouxos dos que arredor de 100-150 non se publicaron.

O público pasouno benComezou falando da censura propia do director do xornal, aquela na que unha viñeta pode colidir cos intereses de anunciantes ou socios do xornal e que supón a non publicación da viñeta co conseguinte prexuizo económico para o debuxante, quen ademáis de ver desprezado o seu traballo, non o cobrará.

Seguiu coa autocensura, que exerce o propio autor en función de experiencias previas nas que unha determinada temática, como por exemplo a monarquía ou as caixas de aforro, ou un determinado enfoque, como representar unha inauguración, conducían irremediablemente á censura.

Falounos logo da censura electoral, cando por presentarse nunhas eleccións non pudo publicar en todo o período electoral, ao tempo que outros candidatos si podían exercer con normalidade os seus traballos.

Carrabouxo non publicados: BaltarE rematou, entre as gargalladas do público, falando da censura fallida: a ocurrida co famoso cadriño censurado por Baltar, e como rematou sendo a viñeta máis publicada e máis comentada da súa carreira.

Aquí tedes unha serie de fotografías do acto de inauguración

[nggallery id=36]