Out 312013
 2013-10-31T13:26:34+00:00

Comezou a andar o pasado 4 de outubro unha iniciativa cultural que nos pareceu interesante e coa que queremos colaborar: a Feira das Culturas en Area Central.

Palabras no balcónOrganizada polos Editores de Compostela coa colaboración de distintas asociacións e produtores culturais interesados en dar en coñecer o seu traballo, celébrase en Área Central os primeiros sábados de cada mes.

Nesa primeira cita do 4 de outubro estivemos por alí como público, observando en vivo e en directo as grandes posibilidades que aporta esta feira, e nesta segunda edición, a celebrar o sábado 2 de novembro, quixemos participar como asociación.

Palabras no Balcón da Feira das Culturas

Xa que a Feira das Culturas é colaborativa, pois para asistir hai que aportar unha actividade pública, asistiremos aportando a exposición ‘Palabras no Balcón’, consistente nunha serie de faixas con poemas de distintas obras de Rosalía de Castro, como conmemoración do 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos.

Continuamos así enchendo o ano 2013 de actividades relacionadas coa obra rosaliana, despois de organizar un roteiro pola vida e obra de Rosalía en Compostela, un debate na feira do libro, e a presentación dunha obra de teatro da Sociedade Cultural Medulio de Ferrol.

Estades todos e todas convidadas a asistir a esta Feira das Culturas, que é aberta e gratuita e celébrase nun lugar como Área Central, cuberto e con amplos espazos.

E se non tedes tempo a pasar este sábado por alí, a nosa exposición permanecerá en Área Central ata finais de novembro, polo que podedes visitala outro día. Iso si, perderedes a seguinte programación de actividades para a II Feira das Culturas:

  • 12:00. Pequeno campionato de “xadrez sen enroque”. A cargo de Fausto Pías Barbeira. Prazas limitadas.
  • 12:15. Obradoiro de xoguetes tradicionais con material reciclado. Para toda a familia.
  • 17:00. Presentación, sinaturas,garabatos e obradoiro infantil a cargo das revistas “El Arca de las historietas” e “Sinónimos de Lucro”. David Braña e David Buceta.
  • 18:15. Xogos populares en familia.( As cadeiras, o escondite inglés, carreiras de sacos, carreiras de parellas…).
  • 18:30. Presentación do disco “Ecos” do cantautor Fausto Pías Barbeira.Onde recolle os principais sinais do folclore de Galicia.
  • 19:30. Presentación do libro ” Galiza Mutante. Poder Nuclear ” do escritor Tomás Gonzalez Ahola. “Urco Editora” e “Contos Estraños”.
  • Durante todo o día
    • Proxección “As fotos máis antigas de Galicia” de Alvarellos Editora.
    • Exposición de ilustracións a cargo de Jose María Picón
    • Exposición “Palabras no balcón”

     

Actuación da Coral da Asociación Solfa

Para completar esta exposición, o día 15 de novembro ás 20.30h, a Coral da Asociación Cultural e Musical Solfa actuará en Área Central. Tamén é un acto totalmente gratuíto ao que podedes asistir