Nov 052013
 2013-11-05T14:37:47+00:00

O Reitor asina o manifesto a prol do patrimonio artístico das caixasNunha reunión mantida coa directiva da Agrupación Cultural O Galo en representación da federación Galiza Cultura promotora do manifesto.

Reitor da Universidade de Santiago, Juán Casares, mostrou o seu apoiou ao manifesto a prol da titularidade pública do patrimonio artístico das Caixas promovido pola federación de asociacións culturais galegas Galiza Cultura.  Casares mantivo na tarde do luns unha xuntanza con representantes do Galo e Galiza Cultura onde partillaron a preocupación común polo destino incerto do enorme patrimonio artísitico acumulado polas antigas caixas galegas.

A reflexión de que a colección das Caixas debe permanecer en Galiza e ser visitábel polo público en xeral, foi compartida polo Reitor da Universidade de Santiago e se concretou na asinatura do manifesto que Galiza Cultura está difundir entre persoas individuais, institucións e colectivos diversos co fin de que “a Xunta de Galiza tome as medidas oportunas para que este patrimonio sexa de titularidade pública, que se manteña a sua sede en Galiza, e que sexa visitábel polo público”. Desde a federación lembraron “a importancia de toda esta obra artística para a identidade colectiva do pobo galego e a súa capacidade de xerar ingresos e traballo cunha exhibición e xestión acaída”.

Podedes asinar nesta ligazón