Nov 122013
 2013-11-12T18:40:18+00:00

Cultura contra a LOMCEA Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público organiza, en todas as cidade galegas, o mércores 13 de novembro, novos actos contra a LOMCE que, nesta ocasión, terán como protagonista á cultura, con actuacións musicais,  teatro,  maxia e participación de escritores/as.

En Santiago de Compostela, os actos serán na Biblioteca Ánxel Casal desde as 19h e contarase coa participación do actor Federico Pérez Rey, a escritora Berta Dávila, Suso de Toro, Quico Cadaval, e as actuacións de Sonia Lebedynski, Alonso Caxade, Najla Shami e a coral da Asociación Cultural e Musical Solfa.

Desde a Asociación Cultural O Galo manifestamos o noso rexeitamento á LOMCE e a nosa total adesión ás críticas realizadas desde a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, polo que animamos a toda a cidadanía compostelá a participar destes actos.