Dec 042013
 2013-12-04T12:53:14+00:00

O venres 10 de xaneiro ás 20.30 horas no Salón Teatro de Santiago de Compostela, O Galo organiza, xunto coa Asociación Cultural e Musical Solfa e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, un concerto do Sexteto Tempo Catro que presentará o seu novo disco ‘Os ollos que falan’.

Cartaz Os ollos que falan

Os ollos que falan. Rosalía de Castro

Este disco é unha produción da AS-PG. Trátase da musicación que realizou o sexteto Tempo Catro de once poemas de Cantares Gallegos. O disco mostra unha Rosalía actual e viva, capaz de comunicar con nós a través de temas como a conciencia sobre Galiza e o seu estado, o amor e o desamor, o erotismo e a sexualidade, en clave nada convencionais, por certo. Todos estes temas, e moitos máis, abrollan nestes cantares agora feitos música con ritmos de valse ou de fado; de salsa ou de xota; de mazurca ou pasodobre

O Sexteto Tempo Catro

Suso Iglesias (acordeón) e Andrés Pazos (piano), profesores do Conservatorio de Ferrol, forman parte de Tempo Catro canda Antonio Romero (contrabaixo), Javi Cedrón (violín) e Pablo Salgueiro (percusión). Begoña Lorenzo pon a voz a este proxecto que busca difundir os cantares de Rosalía neste ano no que se fai o 150 aniversario da súa publicación. Andrés Pazos e Suso Iglesias son autores dunha música no que se senten ritmos de valse, fado, salsa, mazurca, xota ou pasodobre.

150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos

Con esta actividade, O Galo quere pór fin a un ano de roteiros, conferencias, debates, teatro, exposicións e concertos cos que leva celebrando o cento cincuenta aniversario da publicación de Cantares Gallegos

Entradas para ‘Os ollos que falan’

Pontos de venda anticipada:

Restaurante “O Dezaseis”: Rúa de San Pedro 16.

Restaurante Bicoca: Rúa Entremuros 4.

Libraría Pedreira: Rúa do Home Santo 55.

Restaurante Grândola: Rúa do Cardeal Payá 18.

Espazo Enocultural Vide, Vide!: Fonte de San Antonio 10.

Bar O Barranquillo: Concheiros 24-26

Café Airas Nunes: Rúa do Vilar 17.

Local da AC O Galo: Avda de Lugo 2A, entresollado A.

O prezo é de 12€ na billeteira e 10€ anticipada.

Sorteos

Estamos a sortear entradas en Santiago TV. Se queredes saber como conseguilas, explícano todos os días na presentación do Santiago TeVe ás 19:3021:5023:50.

Reserva anticipada

Cubre o seguinte formulario para solicitar unha entrada. Poderás recollela no despacho de billetes do Salón Teatro o propio día do concerto

— RESERVA PECHADA —

E comparte nas redes sociais!!