Xan 012014
 2014-01-01T00:01:59+00:00

actividades do ano 2013Neste ano 2013 recén rematado, a Agrupación Cultural O Galo experimentou unha importante revitalización.

Cunha oferta cultural diversificada, con abundantes roteiros e excursións, con actividades formativas, con presentacións de novidades editoriais, con debates e conferencias, fomos capaces de organizar un maior número de actividades que no ano 2012, dotalas de maior e mellor contido e chegar a un maior número de persoas.

Neste documento que enlazamos detallanse todas as actividades do ano 2013 organizadas pola Agrupación Cultural O Galo en solitario ou en colaboración con outras entidades e asociacións, ao que habería que sumar o traballo derivado da xestión interna da mesma.

Agora que comeza o ano 2014, queremos contar con todos e todas vós para continuar coa revitalización desta histórica asociación cultural de Santiago de Compostela, para o que vos pedimos que vos asociedes ou que, cando menos, vos fagades subscritores do noso boletín dixital.