Xan 222014
 2014-01-22T09:33:18+00:00

Exposición 'Con viño e arte'O artista compostelán Nolo Suárez preséntanos a súa nova exposición ‘Con viño e arte’

Será a partir deste venres 24 de Xaneiro ás 20.30h no Espazo Enocultural Vide, Vide!, cun acto de inauguración no que participarán Marcos Maceira, presidente da A.C. O Galo, Martiño Santos, responsábel do Vide Vide, e o propio autor, Nolo Suárez.

E xa que estamos nunha tenda especializada en viños galegos e que o tema da exposición é viño e arte, aproveitaremos a inauguración para degustar uns deliciosos caldos do país.

A exposición poderá visitarse ata finais do mes de marzo en horario de apertura da tenda, pero tamén se elaborará un pequeno catálogo en formato dixital que colgaremos da nosa páxina web unha vez pasados os primeiros días de exposición. Pero tede en conta que non é o mesmo ver unhas imaxes frías na pantalla, que contemplar directamente os cadros en boa compaña e cunha copiña de viño.

Convidámoste a Viño e Arte

Todas estas actividades son abertas, públicas e gratuitas, polo que estades convidadas a asistir.