Xan 272014
 2014-01-27T12:15:17+00:00

Presentación do libro-cd “De Voces Ceibes a Milladoiro. Unha memoria do movimento popular da canción galega”. O mércores 5 de febreiro ás 20.30h no espazo Vide, Vide!
de voces ceibes a milladoiro

Da man de Antón Seoane, un dos nosos músicos máis importantes e peza fundamental de Milladoiro, viaxamos polos anos anteriores á saída do primeiro disco da mítica formación, ao tempo que se revisa unha época (a fin do franquismo) e un proxecto: o intento por construír unha música de nós e botar a andar un proxecto absolutamente diferente: Milladoiro.
O libro acompáñase dun CD no que Antón Seoane, Pilocha e Rodrigo Romaní, coa participación de Nando Casal, Bibiano, Miro Casabella, X. Quintas Canella, Dónal Lunny, Harry C, Roi Casal, Manú Conde, Pancho Álvarez, Anxo Pintos, Segundo Grandío, Laura Amado, Quico de Cariño, Natalia Zoltan e outros compañeiros de viaxe e aventuras, volven gravar, dándolles nova vida, cancións emblemáticas do período 1973-1978, algunhas delas rexistradas para este proxecto por vez primeira.

 

Neste acto de presentación en Santiago no espazo Vide, Vide! (Fonte de San Antonio 10) organizado polo Galo contaremos coa presenza do autor, Antón Seoane xunto co editor Francisco Castro, o músico Roberto Sobrado, e  o presidente do Galo, Marcos Maceira.

A continuación deixamos o making-of  do CD