Feb 062014
 2014-02-06T12:24:41+00:00

presentación argola-O GaloOrganizada polo Galo, A libraría Pedreira acollerá o mércores 19 de febreiro ás 20.30, a presentación de Argolaúltimo poemario de Marta Dacosta e un dos gañadores do I Premio de Poesía O Figurante, e do que o xuri resaltou “a pertinencia da mensaxe dende unha perspectiva feminista, a forza e intensidade das imaxes e o dominio dos diferentes recursos poéticos, así como do idioma, na amálgama que conforma un todo sólido e perfectamente coligado”.

Argola:

Existiu unha muller que foi apartada da súa familia e o seu país para agrandar a fama e a riqueza dun pai cegado pola cobiza, incapaz de decatarse de que este era o mecanismo para exterminar a súa familia? Existiu unha estirpe de mulleres que mantiveron ocultos os seus ritos pagáns e procuraron a ruína do invasor facendo que as naves imperiais batesen contra as costas galegas? Existiu unha muller que desafiou os tiranos do seu tempo?