Feb 172014
 2014-02-17T17:52:57+00:00

A Agrupación Cultural O Galo colabora coa Asociación de Escritoræs en Lingua Galega e coa Asociación Cultural e Musical Solfa para ofrecer unha programación variada polo Día de Rosalía de Castro en Santiago de Compostela

Esta programación consistirá nos seguintes actos:

Sábado 22 de febreiro – Praza de Vigo:

Actos Rosalía De Castro Compostela

11.00 Lectura de textos de Rosalía de Castro e ofrenda floral. Se queres participar na lectura de poemas, pódeste pór en contacto con nós

11.30 – 13.30 Roteiro Rosaliano por Santiago de Compostela guiado por Mercedes Espiño

Domingo 23 de febreiro – Panteón de Galegas/os Ilustres de Bonaval:

12.00 Acto Central de Homenaxe organizado pola AELG Lectura pública da obra de Rosalía de Castro

Luns 24 de febreiro – Día de Rosalía de Castro

Graffiti Rosalía de Castro

10.30 – Partirá da Porta Faxeira unha comitiva formada por membros da Fundación Rosalía e do Concello de Compostela acompañados de gaiteiros para facer unha ofrenda floral na Praza de Vigo

Todo o día – Agasalla un libro en galego e unha flor

Todo o día – Graffiti Rosalía, organizado pola AELG e dirixido a que os centros de ensino adecenten os seus muros con versos da nosa autora

Todo o día – #euRosalía, acción colectiva en Internet promovida pola Fundación Rosalía de Castro, que anima a sacar unha autofoto con calquera cousa relacionada con Rosalía de Castro e subila ás distintas redes sociais utilizando esa etiqueta

19.00 – Na Casa Museo de Rosalía de Castro en Padrón, presentación de “De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no Século XXI”

Mércores 26 de febreiro – Libraría Couceiro

Conferencia Rosalía de Castro

20.00 Conferencia ‘A reivindicación feminista e da lingua nos Cantares Gallegos de Rosalía de Castro’, a cargo de Goretti Sanmartín e Carmen Fernández-Pérez Sanjulián, e coorganizada coa Sociedade Cultural Medulio de Ferrol e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega

Participa!

Todas estas actividades son abertas e gratuitas e non é necesaria a inscrición. Estades todas convidadas a asistir e a participar nas lecturas de poemas.

Se non sodes de Santiago de Compostela, ou ides estar fóra eses días, podedes informarvos nesta páxina das actividades que se realizarán en outras cidades e vilas de Galiza e do resto do mundo.