Feb 252014
 2014-02-25T10:25:17+00:00

O Obradoiro de Creación Literaria da Agrupación Cultural O Galo continúa achegando as posibilidades da escrita a xente de todas as idades, agora cunha nova edición do obradoiro intensivo realizado o ano pasado, pero contando con novas localizacións: dúas coñecidas librarías de Santiago de Compostela que nos ceden o seu espazo para facer este achegamento á escrita e a unha boa lectura.

Creación literaria en librarías

O Obradoiro terá lugar na Libraría Pedreira os luns de 17 a 18h e os venres de 18 a 19h e na Libraría Couceiro os mércores de 17 a 18h e os xoves de 18 a 19h, en doce sesións ao longo dos meses de marzo, abril e maio, coa posibilidade de realizar algunha no mes de xuño, no caso de que algún festivo ou eventualidade obrigue a suspender algunha das clases.

O prezo para o obradoiro de creación literaria en librarías será o mesmo que na edición que realizamos ao longo do curso en distintos locais socioculturais da cidade: 20€ mensuais, 18€ para socias e socios.

A inscrición estará aberta ata o 9 de marzo, para poder comezar o día 10. Podedes inscribirvos mediante o seguinte formulario:

Nome e apelidos:

Email : Telefono:

Cuota:

Lugar e hora

Se queres facer algún comentario, aproveita este momento

Es unha persoa ou un robot?
captcha