Feb 282014
 2014-02-28T19:16:34+00:00

A sexta feira (venres) 7 de marzo a Agrupación Cultural O Galo organiza unha visita guiada gratuíta e con explicación da mostra “TÉCNICAS E ARTES DO GRAVADO”, por parte do seu comisario D. Daniel Buxán. Nesta mostra pódense atopar obras de artistas tan importantes como Rembrandt, Castelao, Picasso, Laxeiro, Tolouse-Lautrec, Maside, Manet, Seoane,… así como incunabeis do século XV.

Para esta visita combinamos na entrada principal ás 19.00

gravado

Cólganse nela: 130 pezas realizadas con técnicas desenvoltas ata 1900 (e aínda utilizadas hoxe), e conta con dúas seccións:.

A primeira, adicada ás funcións históricas do gravado:

Descubriremos que o gravado non tivo sempre unha función artística, senón que foi sobre todo unha técnica de difusión de imaxes, utilizada tanto con motivos relixiosos, como políticos, culturais, científicos e comerciais.

  • Gravado como obra de arte autónoma
  • Ilustración e complemento decorativo en libros
  • Reproducción de obras artísticas
  • Estampa devocional
  • Información e propaganda política
  • Caricatura e sátira social e política
  • Moeda e timbre
  • Publicidade, carteis e anuncios
  • Ephemera

A segunda:  adicada ás diferentes técnicas do gravado

Ao longo da historia utilizáronse varias técnicas que se desenvolveron para conseguir a reprodución múltiple de imaxes. Ata o século XIX dominou o gravado, ata a chegada da litografía.

Gravado en relevo:

  • Xilografía tradicional
  • Camafeo
  • Gravado en relevo en metal
  • Estampa xaponesa. Cor
  • Gravado a contrafebra e   Gravado xilográfico moderno
  • Linóneo en Galicia

Gravado en oco

  • Buril ePunta seca
  • Mezzotinta
  • Craión e verniz brando
  • Augaforte, Augatinta e   Gravado en oco en color
  • Nature Print

Planografía (litografía)

  • Litografía ao lapis ou carbón
  • Litografía á pluma
  • Litografía ao pincel
  • Crachis ou estarcido
  • Maneira negra
  • Cromolitografía
  • Litografía sobre folla de lata

Como vedes é unha exposición moi completa e de moitísimo nivel, polo que queremos animarvos a participar neste visita guiada polo propio comisario da exposición, quen nos resolverá calquera dúbida que nos xurda.

Podedes descargar aquí o Panfleto da mostra ‘Técnica e arte do gravado’