Mar 042014
 2014-03-04T18:25:17+00:00

A Agrupación Cultural O Galo, Compostela Monumental, Santiago Centro e a Praza de Abastos organizan unha campaña de apoio a loita das mulleres contra as desigualdades con motivo da celebración o 8 de marzo do Día Internacional das Mulleres.

8 de marzo

Esta campaña que se realizará entre os días 7 e 9 de marzo, consistirá na colocación por parte dos establecementos comerciais nos seus escaparates dun cartaz co texto: “8 de marzo. Día Internacional das Mulleres. Stop a todas as desigualdades”. Ademais facilitaráselles aos comercios unhas chapas co mesmo texto para que as leven as traballadoras e traballadores dos mesmos. Dentro desta campaña ofrécese tamén a posibilidade de colocar en lugares visíbeis prendas lilas, a cor que simboliza a loita das mulleres de todo o mundo pola igualdade real.

Para a Agrupación Cultural O Galo esta a iniciativa conxunta entre comerciantes e a entidade cultural demostra a capacidade das diferentes institucións da cidade para se uniren en torno ao apoio a causas xustas como neste caso a reivindicación da igualdade plena das mulleres.

Colaboran coa campaña do 8 de marzo:

A colaboración coa  campaña do 8 de marzo aínda está aberta e calquera se pode unir a nós. Se queres colaborar a título individual, podes imprimir o cartaz e colgalo alí onde podas. Para colaboracións de entidades e asociacións, poñédevos en contacto con nós