Mar 192014
 2014-03-19T13:16:47+00:00

O sábado 29 de abril ás 12:15h, O Galo fará unha visita guiada á exposición ‘Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre’ que se exhibe nos locais da Fundación Caixagaliza sitos na rúa do Vilar nº 19 de Santiago. Explicará a mostra unha guia de exposicións con grande coñecemento da obra de Carlos Maside e o percorrido durará 60 ou 70 minutos.Visita Maside en Compostela

Inscríbete para a visita guiada a ‘Maside en Compostela’

O acceso á exposición ‘Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre’ é totalmente gratuito, pero o que se cobra é a guía profesional. Tamén, por tratarse dunha visita guiada temos un pequeno límite para o grupo, para que ninguén quede tan lonxe do guía que se perda as explicacións. Por iso, pedímosvos que cubrades o seguinte formulario de inscrición:

INSCRICIÓN PECHADA

Ciclo de conferencias ‘Arredor de Carlos Maside’

A Plataforma Cidadá Carlos Maside púxose en contacto con nós para informarnos dun ciclo de conferencias que pode ser do voso interese e aquí reproducimos:

2 de abril ás 20h – Un artista moderno exilado dun país desaparecido. Por Suso de Toro

30 de abril ás 20h – As mulleres traballadoras na pintura de Carlos Maside. Por Encarna Otero

14 de maio ás 20 h – Carlos Maside: o pintor da Galicia moderna. Por Antón Baamonde

11 de xuño ás 20h – O paradoxo do artista intelectual. Por Mercedes Rozas