Abr 212014
 2014-04-21T10:37:00+00:00

O vindeiro mércores 30 de abril ás 18h 17.30h (EDITADO: cambiamos a hora por motivos alleos á nosa organización) presentaremos o libro ‘Nunha presa de Terra’ de Paco Castro Alvaredo no marco da Feira do Libro de Compostela. Contaremos coa colaboración da Asociación Cultural e Musical Solfa, da que o autor é socio e membro da coral, que interpretará unhas pezas unha vez concluida a presentación.

Presentacion 'Nunha presa de terra'

Nunha presa de Terra

Esta é a primeira novela publicada de Paco Castro Alvaredo, que recibiu o recoñecemento de autores como Darío Xohan Cabana ou da profesora da Universidade de Vigo Teresa Bermúdez Montes, coincidentes en salientar a cualidade da obra e da temática tratada nela.

O propio autor pon á nosa disposición unha sección do seu blogue na que se introduce a trama da novela.

Feira do Libro de Compostela

Esta actividade está encadrada dentro da Feira do Libro de Compostela, que se celebrará entre o 26 de abril e o 4 de maio no paseo central da Alameda.

O día 1 de Maio transladaremos as aulas do obradoiro de creación literaria a este emplazamento. Será entre as 17.30 e as 19.30h