Mai 262014
 2014-05-26T08:46:44+00:00

dignificación Após un ano e medio de traballos, este mécores 28 de Maio ás 18h no Cemiterio de Boisaca, a Agrupación Cultural O Galo e o Ateneo de Santiago fan un chamamento á cidadanía compostelá para participaren no acto de dignificación do último lugar de repouso das irmás Fandiño, As Dúas Marías.

Continuamos deste xeito, o traballo de recuperación da memoria histórica local que xa comezáramos no ano 2011, coa convocatoria do acto “Flores de Mil Cores para As Marías” (podedes ver aquí  algunhas fotos de  aquel acto), que constituiu un dos pontos de inflexión no coñecemento e recoñecemento popular das irmás Fandiño, saíndo por fin dos tópicos da excentricidade e a loucura e entrando de cheo na súa historia marcada pola represión franquista.

No acto intervirán diferentes sectores cidadáns entre os que se atopan o Presidente do Ateneo de Santiago, Salvador García-Bodaño, Mercedes Espiño da Agrupación Cultural O Galo, Luis Pasín Liñares, Encarna Otero Cepeda, Xosé Luis Bernal (Farruco) e Manuel Fandiño Pampín (familiar). Tamén participará Nacho Mirás, o xornalista que sacou a nova do abandono da tumba das irmás Fandiño que foi o principal acicate para levar a cabo este proxecto

É un acto aberto a toda a cidadanía e agardamos contar coa vosa presenza.

Se chove, levade paraugas de cores!