Xul 022014
 2014-07-02T12:44:33+00:00

 

PROGRAMA DE ACTIVIDADESConviviocultura

10:45 As Bandas de Música de Solfa, Rábade e Begonte recíbennos na praza
do concello.
11:00 Palabras de benvida da organización no Auditorio Manuel María.
11:15 Actuación do grupo de teatro da A. C. Medúlio de Ferrol.
11:30 Breve presentación da Casa Museo Manuel María e visita guiada (por
grupos). Simultaneamente, proxección de audiovisuais.
12:30 Saída para a carballeira de Sta. Isabel con parada no cemiterio de
Outeiro para realizar unha ofrenda A Manuel María. Na carballeira, actuación da
Banda de Música de Rábade e Begonte, dirixida por Armando Morales; a Coral
e Banda de música de Solfa dirixidas por Francisco Tobar e Fernando Rey,
intercalándose con outras manifestacións culturais.14:00 Xantar demorado para dar tempo a cantar, bailar e conversar (vós
traedes a comida e nós poñemos as mesas e cadeiras).

17:45 Para a xente máis miúda: contacontos a cargo de “Fabaloba”: “O neno
e a estrela” (sobre Díaz Castro)
Para o resto: música, xogos, paseo á beira do Miño…
18:45 Actuación musical de peche: Pepe Vaamonde Grupo.

* As directivas das asociacións (e quen quixer…) reuniranse ás 17h para
intercambiar experiencias e articular fórmulas de colaboración.
** As asociacións poden levar os seus materiais para mostra e/ou venda
(disporán de mesa)