Xul 102014
 2014-07-10T13:33:42+00:00

A federación de asociacións culturais GALIZA CULTURA, da que o Galo fai parte, ven celebrando desde que se conmemorou no 2011 o 125 aniversario de Castelao co total desprezo por parte da Xunta e demais institucións galegas a lectura pública do ALBA DE GLORIA de Castelao desde o cumio do Pico Sacro, espazo simbólico no que a terra se fai espírito e que a cultura do noso pobo recubriu de significados ao longo dos séculos. Rememoramos á xeración do Seminario de Estudos Galegos que reparou neste lugar emblemático, visitou e estudou, amosando unha actitude intelectual de interese e respecto polo propio que contrasta cos valores que agora se están a transmitir de fascinación provinciana polo alleo.

lectura

Cumprense 90 anos desde que Castelao acudiu en peregrinación até este lugar no 1924, cando unha ditadura impedía celebrar como se debera a festa nacional, e volveu imaxinariamente sobre el, desde o exilio, ao construír unha das súas pezas ensaísticas e literarias máis profunda, o “Alba de gloria”, discurso de celebración do día da patria galega. Para el era un lugar no que a resistencia do terreo a ser estepa, inspiraba a quen acreditaba en que o noso ser diferencial non ía ser borrado pola enxurrada reaccionario de entón. Por iso queremos render homenaxe a Castelao as asociacións culturais galegas porque queremos volver sobre os seus pasos físicos e intelectuais e homenaxear a este creador comprometido co seu pobo. Lembrar e retomar unha tradición que apesares das circunstancias conxunturais adversas porfía en alumear un futuro mellor, unha alba de gloria para Galiza e a súa cultura.

Por iso este ano 2014,  nun contexto agravado pola dedicación das letras galegas a un membro dun réxime que pretendeu exterminalas, volvemos un ano máis a dar lectura ao Alba de Gloria no Pico. O programa deste ano quedaría como segue:

  • 12. 00h. Benvida  a cargo do escritor Xosé Lois Santos Cabana  e subida ao cumio do Pico Sagro (o último treito)12:30h. Izado da bandeira por 2 membros da asociacións cultural Vagalumes de A Estrada. Leitura de Alba Groria de Castelão por parte dun representante da A.C. O Galo de Santiago, Marisa Castro da Asoc. Sennunpeso de Vedra, Maria Xosé Sánchez Sebio veciña de Codeso (Boqueixón) e Yolanda Aldrey da Asoc. de A Granxa do Pico Sacro.
  • 13h. Roteiro guiado ao redor do Pico Sagro comentando a súa historia, valor natural e paisaxístico. e para ollar as súas furnas.
  • 13:45h. Actuación dos cantautores Mini e Mero no atrio da capela do Pico Sagro
  • 14:45h. Xantar en Casa Castro en Sergude E necesario anotarse antes do 18-07-2014  aquí

Visita guiada “Da auga e da pedra”. Guía: Iolanda Aldrey

  •  16:30h.: Saida desde Casa Castro enSergudepara ir a aldea de S. PAIO

Deixamos a metade dos autos no início e levamos a outra para o final da ruta a pé,

  • 16:45h SAN.PAIO – DONAS

A pé sobre 3 km. Pasarase por unha carballeira, por zonas con bosque atlântico, duas fervenzas e vários muiños restaurados. Se alguen o prefire pode facer case todo este treito en coche pero perderá grande parte da súa beleza medioambiental e sociocultural. Véxase aquí.

  • 19:00h DONAS – LADEIRA DO PICO SACRO: Desprazamento nos automóviles

Ollaremos a igrexa de San Lourenzo que especialmente abrirán para esta visita. Dentro conserva pinturas murais (s.XVII-XVIII) e restos arquitectónicos dos s.XII-XIII. Ligazón 1 e 2

  • 19:45h CENTRO DE INTERPRECIÓN DO PICO SAGRO

Desprazamento nos automóviles
Complétase o roteiro neste centro ubicado na antiga Casa do Cura de Lestedeo e que tamén abren para nos. Nel achegarémonos ao ecosistema, e a história e cultura das Terras do Pico Sagro e do Val do Ulla. Ligazóns 1, 2 e 3.
Con mal tempo, a visita guiada farase só en coches e únicamente veremos o interior da irexa de A Granxa e o Centro de Interpretación do Pico Sagro.
Pódese a sistir a toda, ou a parte desta actividade que organiza a Federación Galiza Cultura a través da Agrupación Cultural O Galo e A. C. Vagalumes e côa colaboración de asociación e veciños das parroquias do Ulla, que tamén deste xeito queren revalorizar o seu patrimonio e lembrar a forte vinculación de Castelao con esta terra.