Set 292014
 2014-09-29T18:10:00+00:00

A Agrupación Cultural O Galo inicia un novo ano académico do obradoiro de creación literaria 2014-2015, dirixido a todas aquelas persoas que teñan inquedanzas tanto pola escrita como pola lectura. A nosa idea é axudar a todas as persoas que por calquera razón aínda non se atreveran a mostrar o/a escritor/a que levan no seu interior ou que queren mellorar a súa escrita, estar en contacto con outras persoas que comparten este interese e ter oportunidade de intercambiar ideas e experiencias con xente afín.

creación literaria 2014-2015

As aulas serán fundamentalmente prácticas, e dende a práctica xurdirán os aspectos teóricos: a historia, a acción, o punto de vista, o tempo, o tratamento dos personaxes, a construción do discurso, etc. As sesións desenvolverán pequenas unidades didácticas, que se adaptarán ao ritmo dos asistentes; é decir, serán sesións abertas, pois como se persegue a participación activa, sempre aflorarán cuestións que necesiten desenvolverse en máis tempo do estipulado en principio.

Temporalización do obradoiro de creación literaria 2014-2015

O obradoiro de creación literaria 2014-2015 comezará en outubro e finalizará a finais de maio, tendo en conta o período de vacacións e días non lectivos do lugar onde se imparta; é dicir, teremos sesións ao longo destes meses menos cando peche o centro ou este esté de vacacións. As sesións presenciais serán dunha hora semanal, e o obradoiro contará cunha web colaborativa que permitirá interactuar todos os días

Lugares e horas do obradoiro de creación literaria 2014-2015

O obradoiro de creación literaria ofrécese nos seguintes lugares e horarios, que se confirmarán unha vez pechado o período de inscrición:

CSC de Conxo. Sábados de 11 a 12

CSC da Almáciga. Xoves de 16 a 17

Libraría Pedreira. venres de 17 a 18

Libraría Couceiro. venres de 18 a 19h

Prezo e inscrición no Obradoiro de Creación Literaria 2014-2015

O obradoiro terá un custe de 20€ mensuais por alumno, 18€ en caso de seren socios da asociación. A primeira sesión será gratuita, previa inscrición. O prazo para inscribirse rematará o 17 de outubro

Para inscribirte cubre o seguinte formulario:

Nome e apelidos:

Email : Telefono:

Cuota:

Lugar e hora 1ª opción

Lugar e hora 2ª opción

Lugar e hora 3ª opción

Se queres facer algún comentario, propor outra hora, facer unha pregunta, etc, aproveita este momento

Es unha persoa ou un robot?
captcha