Excursión ao Castro de Remonde

 Posted by at 10:55 on 11/10/2014  Actividades, Historia, Roteiros
Out 112014
 2014-10-11T10:55:30+00:00

A Agrupación Cultural O Galo foi convidada pola Asociación Ecoloxista ADEGA a participar na Xornada de Murallas Abertas do Castro de Remonde, que terá lugar o vindeiro sábado 25 de outubro.

Castro de Remonde

Todo comezará na Eira da Xoana, o proxecto colaborativo mediante o que ADEGA quere concienciar e pór en práctica os principios ecoloxistas e socioculturais que defende. Ás 14h haberá un xantar popular, no que cadaquén levará a súa comida, e ás 17h comezará un roteiro con destino ao Castro de Remonde onde se levará a cabo un acto cultural e de presentación do proxecto.

Desde O Galo queremos colaborar, ademáis de dándolle difusión ao acto, organizando o transporte colectivo de aqueles e aquelas que queran acudir desde Compostela e arredores, ben sexa coa contratación dun autobús, ben coa coordinación dos transportes individuais.

Se pensades viaxar ese día á Eira da Xoana, cubride por favor o formulario que se amosa a continuación e intentaremos reducir o impacto ambiental dos desprazamentos. O valor a introducir no campo “Prazas” dependerá do transporte seleccionado: en caso de ir en veículo propio, indicade o nº de prazas libres; nos demáis casos, o número de prazas que se queren ocupar

Nome:

Apelidos:

Correo electronico:

Tlf:

Medio de transporte :

Nº Prazas :

Se queres aproveitar para facernos un comentario, aquí tes barra libre