Out 182014
 2014-10-18T16:49:21+00:00

A Agrupación Cultural o Galo organiza un obradoiro de Creación Literaria Feminista na Libraría Lila de Lilith.

creación literaria feminista

Os obxectivos que se queren acadar con este obradoiro é a perda ao medo a falar de lingua feminista e de literatura feminista en si, de romper tabús establecidos e mesmo clixés para analizar en profundidade diversos aspectos do que conforman a diversidade de xénero. Ademais, por suposto, de fomentar o pracer pola escrita respectando a perspectiva de xénero; sentir pracer ao crear novas realidades coas verbas e valorar a lectura e a escritura como ferramentas imprescindíbeis para o desenvolvemento do propio ser humano, neste caso abrindo as fiestras e as portas dun universo creativo no que non inflúan os xéneros nin os sexos.

Estes obxectivos, conseguiranse lendo e analizando diferentes textos. Estes textos serán de épocas diversas, para analizar a evolución da voz narrativa feminina (se hai), as personaxes, os espazos, os diálogos, escenas, historia,…facendo deste xeito un exercicio de literatura comparada.
Queremos fomentar a participación activa de todas/os participantes do obradoiro. Por iso, a metodoloxía empregada será fundamentalmente práctica. Propóranse exercicios de tipo individual e colectivo, deste xeito lograrase a satisfacción persoal por romper as barreiras do folio en branco e tamén de tabús establecidos ao longo destes anos.

As diferentes visións dos aspectos tratados nos exercicios xa sexan relato, conto, poesía, novela ou teatro abrirán un horizonte novo de expectativas para o desenvolvemento da propia persoa e da autora/o que todas/os levamos no noso interior. E ao tratarse de algo tan específico como a literatura feminista permitiranos afondar nas profundidades das estruturas da escrita e así descubrir a esa crítica que tiñamos agochada. A nosa visión ante feitos, frases, paisaxes, diálogos,…que acontezan nos relatos ou nos poemas que estudemos xa non será a mesma.

Podedes descargar aquí un panfleto no que informamos máis en detalle desta actividade

Inscrición no Obradoiro de creación literaria feminista

Nome e apelidos:

Email : Telefono:

Cuota:

Lugar e hora 1ª opción

Lugar e hora 2ª opción

Lugar e hora 3ª opción

Se queres facer algún comentario, propor outra hora, facer unha pregunta, etc, aproveita este momento

Es unha persoa ou un robot?
captcha