Out 182014
 2014-10-18T13:34:16+00:00

A Agrupación Cultural O Galo, en colaboración coa Sociedade Cultural e Gastronómica A Troita Armada, organiza a presentación de “Contos do Mar de Irlanda” de Xurxo Souto, o vindeiro venres 31 de outubro ás 20.30h no local social d’A Troita, sito na rua do Pombal nº 18 de Compostela

contos do mar de irlanda

Contos do Mar de Irlanda

Despois de Fumareu, O retorno dos homes mariños e Contos da Coruña, o polifacético Xurxo Souto, quen estivo c’O Galo hai non moito colaborando na presentación de Non temos Medo, volta ao rego literario para achegarnos o arrecendo a salitre.

En palabras de Manuel Bragado, editor do libro

Medio cento de recortes poderosos protagonizados polo nosos labregos do Atlántico, heroes que partiron cara o paralelo 48 e recalaron no porto de Bouzas, a nosa capital do mar, ou nos peiraos do Berbés e do Muro da cidadeatlántica, epicentros desde os que a nosa flota desplegou a súa tecnoloxía nos mares de Terranova e Gran Sol. Un libro coral no que se recompilan as voces de xentes humildes do mar, dos mariñeiros, patróns e fogueiros, dos gaiteiros do mar, de redeiras, traballadoras da conserva ou descargadores da coia. Un libro arca que recolle os tesouros das falas mariñeiras, incluídos os topónimos da costa e talasónimos galegos da xeografía do Irish Sea.

Aforo limitado, inscríbete!

Como o aforo está limitado a 45 persoas, é preciso que vos inscribades. Podedes facelo co seguinte formulario:

Nome:

Apelidos:

Correo electronico:

Tlf:

Quedas aos pinchos?  Si

Se queres aproveitar para facernos un comentario, aquí tes barra libre