Nov 142014
 2014-11-14T18:45:37+00:00

A Agrupación Cultural O Galo organiza a presentación do caderno  “Que se agocha tras a Unión europea? Unha aproximación crítica”, editado pola Fundación Moncho Reboiras-FESGA o vindeiro venres 21 de novembro ás 20h no Espazo Eno-Cultural Vide Vide, na rua da Fonte de Santo Antonio, nº 10 de Santiago de Compostela

presentacion

No acto, que estará presentado pola Vicepresidenta d’O Galo, Isabelle Kerdudo, intervirán Suso Seixo, presidente da Fundación Moncho Reboiras-FESGA e secretario xeral da CIG, Manuel Mera, coordinador da publicación e director de FESGA, e Xabier Pérez Igrexas, co-autor do caderno.

Que se agocha detrás da Unión Europea? Unha aproximación crítica

A Fundación Moncho Reboiras-FESGA vén de publicar Que se agocha tras a Unión Europea? Unha aproximación crítica, da autoría de Manuel Mera (coord.) e Xabier Pérez Igrexas, libro que achega as principais chaves para comprendermos a orixe e desenvolvemento do chamado proceso de construción europea. Debulla o papel económico-social e xeoestratéxico da UE, e o rol da moeda única. Amais describe a denominada “troika”, que lugar se lle ten asignado a nosa nación na UE e como este supón un límite para a fectiva soberanía de Galiza. Aliás, incorpora unha escolma de “olladas críticas” coa UE e o euro, de M. Etxezarreta, Samir Amin, Ignacio Ramonet ou P. Carvalho.

Descarga gratuita

O caderno pódese descargar de balde neste enlace

Coloquio e viños

Ao rematar a presentación do caderno, haberá tempo para o debate e poderemos degustar uns viños galegos