Nov 202014
 2014-11-20T14:28:35+00:00

Desde a Agrupación Cultural O Galo estamos organizando unha visita guiada ao Museo Luis Iglesias de Historia Natural para o sábado 13 de decembro, a partir das 11.30 da mañá e cunha duración aproximada de dúas horas, contando con Pedro Alonso, coñecido activista da causa medioambiental e portavoz do Colectivo Ecoloxista Erva, como guía.

museo luis iglesiasO Museo Luis Iglesias de Historia Natural

A orixe deste museo universitario remóntase ao curso 1840/1841, cando se crea o Gabinete de Historia Natural asociado á cátedra de Historia Natural, baixo a dirección de Antonio Casares Rodríguez, quen iniciou o desenvolvemento deste gabinete, coa recompilación de material existente na universidade, a creación dun herbario e a recepción de exemplares de minerais doados por profesores e particulares, ata chegar ao ano 1906 no vello gabinete pasa á categoría de Museo de Historia Natural. Este museo chegou a ocupar dúas plantas do antigo edificio da Universidade, hoxe facultade de Xeografía e Historia. No ano 1961 foi trasladado á antiga Facultade de Ciencias, hoxe Facultade de Química, a partir de xullo de 2011 estaba previsto o translado ao novo edificio situado no parque Vista Alegre, pero o retraso nas obras e na dotación de medios impediron a súa visita ata hai un par de meses.

Actualmente o Museo Luis Iglesias constitúe o conxunto de patrimonio histórico-científico máis importante de Galicia, xa que, entre as coleccións que alberga, destacan as resultantes dos traballos de investigación dos máis importantes naturalistas e científicos galegos dos séculos XIX, XX e da actualidade. Aproveita a ocasión para vir a coñecelo!

Inscríbete para a visita guiada ao Museo Luis Iglesias

A visita está limitada a un máximo de 40 persoas, polo que é necesaria a inscrición nesta actividade. Os prezos son os marcados polo propio Museo Luis Iglesias, que podedes consultar na súa páxina web.

Rogamos que o día da visita se acuda con puntualidade (ou mellor un pouquiño antes) e se traia o importe exacto da entrada.

Nome:

Apelidos:

Correo electronico:

Tlf de contacto:

Colectivo :

Se queres aproveitar para facernos un comentario, aquí podes facelo

Demostra que non es un robot: Escribe isto captcha aquí: