Nov 262014
 2014-11-26T08:26:59+00:00

A Agrupación Cultural O Galo convértese en participacionista de IrmandadeTV, o proxecto de Televisión Nacional-Popular Galega que comezou a súa andaina o ano pasado, cunha programación chea de debates, entrevistas, etc realizadas integramente en lingua galega, contando coa participación de xente de todo o abano de partidos políticos galegos, movementos sociais, asociacións culturais, e espazos abertos para a participación cidadá.

Agora este proxecto quere dar un grande salto adiante, ampliando contidos, mellorando os medios técnicos e permitindo máis participación. Desde a Agrupación Cultural O Galo queremos recoñecer o traballo xa feito e apoiar o traballo que aínda queda por facer subscribindo unha participación neste medio e animando a socias e amigas d’O Galo a participar tamén deste proceso de ampliación de capital de IrmandadeTV

ampliacion de capital IrmandadeTV