Xan 052015
 2015-01-05T08:48:22+00:00

O Galo, como asociación participante da Plataforma Cidadá Queremos Galego, chama á cidadanía compostelá a manifestarse o vindeiro domingo 8 de febreiro ás 12h na Alameda de Santiago de Compostela.

queremos galegoOs datos demostran que o galego está en perigo

O nivel máis baixo de uso do galego, que indica a enquisa feita pública polo IGE, é a consecuencia lóxica de 33 anos de inacción da administración con respecto ao noso idioma que sobrevive nunha situación de liberdade vixiada e de oficialidade formal mais non real.

Para Queremos Galego, a política da actual Xunta de Galiza con respecto á lingua galega agravou máis esta situación ao incidir nos prexuízos que xa sofría o galego e ao iniciar uns retrocesos sen precedentes na etapa democrática que se concretaron, entre outras disposicións na modificación da Lei de Función Pública para eximir ás e aos opositores da proba en galego, ou no Decretazo contra o galego 2010, que prohibe a impartición en galego de determinadas materias e que provocou as maiores mobilizacións en Europa na defensa dunha lingua propia.

Asina o manifesto de Queremos Galego

Na páxina web da Plataforma Cidadá Queremos Galego hai un pequeno formulario que podedes cubrir para dar o voso apoio.

Outras actividades a realizar en Compostela

Desde a Agrupación Cultural O Galo tentaremos realizar algunha actividade específica de cara a apoiar a manifestación do día 8 de febreiro, aínda que a actividade continua que mantemos ao longo de todo o ano é o forma que temos de axudar a combatir as políticas xenocidas co noso idioma nacional.

Se queres propor algunha actividade, contacta con nós e se queres estar ao día do que facemos, subscríbete.

Vémonos o día 8 na Alameda!