Feb 142015
 2015-02-14T20:27:09+00:00

cartaz_ilpA Agrupación Cultural O Galo, como parte integrante da Federación Galiza Cultura, colabora na organización dunha serie de actos de apoio á ILP Castelao que esta entidade promove xunto con outras organizacións sociais, como a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, A Mesa pola Normalización Lingüística ou a CIG-Ensino

Podedes descargar aquí o texto completo desta Iniciativa Lexislativa Popular que pretende impulsar ás institución públicas a reunir e facer accesíbel a variada obra de Castelao.

Exposición das Estampas da Guerra de Castelao

O sábado 21 de febreiro ás 12 horas no Centro Socio-Cultural de Conxo, inauguramos a exposición das Estampas da Guerra de Castelao, que se poderá visitar ata o sábado seguinte.

Acto de presentación da ILP Castelao

O mércores 25 de febreiro ás 19.30 horas no Museo do Pobo Galego terá lugar un acto para presentar á cidadanía compostelá esta iniciativa lexislativa popular. O acto consistirá en:

Mesa redonda “Achegamento á figura de Afonso R. Castelao”

Analizaremos distintos aspectos da obra de Afonso Daniel Rodríguez Castelao, como a faceta política, da man de Xoán Carlos Garrido, a literaria, con Xosé Manuel Rei, e a artística, con Paulo Porta

Actuación da Coral a A.C.M Solfa

A Coral da Asociación Cultural e Musical Solfa, tamén colaboradora da ILP Castelao, realizará unha actuación na que interpretará as seguintes pezas:

Fisterra
Popular galega
Arr.: Francisco Tobar Cereijo.

María Soliña
Letra: Celso Emilio Ferreiro
Música: Antonio Paz Valverde
Arr.: Francisco Tobar Cereijo.

O Maio
Letra: M. Curros Enríquez
Música: L.E. Batallán
Arr.: Plácido Travieso.

Lela
Letra: Alfonso D. Rodríguez Castelao
Música: Rosendo Mato Hermida
Arr.: Francisco Tobar Cereijo.

Recollida de sinaturas

En todos os actos programados recolleremos sinaturas para apoiar a ILP Castelao, proceso para o que solicitamos a vosa colaboración