Mar 012015
 2015-03-01T22:21:45+00:00

compostela8m #StopDesigualdadesA Agrupación Cultural O Galo lanza a campaña #StopDesigualdades Stop a todas as desigualdades para reivindicar, xunto co comercio e a hostelería local, o Día Internacional da Muller

Colaboran con esta campaña a Fundación Santiago Centro, o Mercado de Abastos de Santiago e Área Central.

Queremos facer visíbel a necesidade de rachar ese teito de cristal que impide que as mulleres teñan igualdade de oportunidades no acceso ao mundo laboral, que impide igualdade de salarios, un teito que lles nega un recoñecemento laboral, un ascenso, unha equidade nos postos de responsabilidade das grandes empresas e institucións. Un teito invisíbel pero existente, que nos permite ver un ceo de igualdade pero non alcanzalo. #StopDesigualdades Stop a todas as desigualdades

Colabora ti tamén coa campaña #StopDesigualdades

Esta campaña está aberta á colaboración de todo o comercio e hostelaría composteláns e consiste en descargar este cartaz e imprimilo (podedes modificalo para engadirlle o logo do voso establecemento) e colocalo no escaparate, xunto con algúns produtos de cor lila que teñades á venda.

Cando fagades isto, sacádelle unha foto ao escaparate e publicadea nas redes sociais baixo o hashtag #StopDesigualdades, e nós dáremoslle difusión.