Mar 312015
 2015-03-31T22:05:36+00:00

A Agrupación Cultural O Galo colabora na presentación do libro-disco “Estamos no verán!!!” nun acto que terá lugar o sábado 11 de abril ás 18h no CSC das Fontiñas e que estará cheo de música e sorpresas. Contaremos coa presenza de Serxio Carreira, do Galo, Francisco Castro, da Editorial Galaxia e de Xoán Curiel e Jara Ortiz, quenes realizarán unha actuación musical.

presentación de estamos no verán en Compostela

Estamos no Verán : Novela e disco musical

Estamos no verán é o produto da colaboración entre a escritora Charo Pita e o músico Xoán Curiel: un traballo que louba o período de maior felicidade da infancia, escrito en forma de diario e coas sorprendentes ilustracións de Iván R.

Trátase da primeira novela-disco da literatura galega, orientada ao público infantil e que con ritmos de funk, rock ou bossa nova mergúllanos nun verán de fantasía, alegría e diversión. Aquí tedes un exemplo:

Actuación aberta e gratuíta

O acto é para todos os públicos e completamente gratuíto. Ademais, haberá sorpresas… Nas diferentes redes sociais iremos desvelando algunhas delas!

Confirma asistencia e participa no sorteo

Se queres participar no sorteo (descarga aquí as bases) de tres exemplares do libro-cd “Estamos no Verán”, inscríbete co seguinte formulario