Abr 162015
 2015-04-16T12:23:55+00:00

A Agrupación Cultural o Galo e Asociación Cultural e Musical Solfa realizarán a inauguración da exposición das Estampas da Guerra de Castelao o venres 17 de abril ás 20h no Centro Sociocultural das Fontiñas, que se poderá visitar até o sábado 24 de abril.

cartaz_ilp_fontinhasCoincidindo coa apertura desta exposición levarase a cabo un acto que constará dunha mesa redonda que versará sobre a obra artística, literaria e política de Castelao, na que participarán as profesoras da Universidade d’A Coruña Goretti Sanmartín e María Antonia Pérez.

A continuación farase unha lectura de diversos textos da obra de Castelao e a coral de Solfa interpretará o poema de Ramón Cabanillas, Na morte de Castelao, musicado polo director da coral , Francisco Tobar.

Pecharase o acto cun concerto da banda de música de Solfa, que interpretará Aires Galegos de Xoán Montes e Fantasía de Simón Cruceiro, baixo a dirección de Fernando Rei.

Podedes consultar aquí o programa do acto

Recollida de sinaturas

No mesmo acto continuaremos recollendo sinaturas para a presentación desta Iniciativa Lexislativa Popular ao Parlamento Galego. Ademáis, nos seguintes locais podedes pasar a asinar: O Barranquillo, O Dezaseis, A Bicoca, A Silveira, Casa das Crechas, Avante, Vide Vide, Libraría Couceiro, Libraría Lila de Lilith-A Ciranda e Libraría Pedreira