Mai 122015
 2015-05-12T10:12:46+00:00

O sábado 23 de maio ás 20.30, no Salón Teatro de Santiago de Compostela, proxectaremos o documental “O Piloto” que entra na vida do que foi o último guerrilleiro contra o franquismo 50 anos despois do seu asasinato perto do Encoro de Belesar.

cartaz O PilotoO Piloto

Xosé Luís Castro Veiga, coñecido popularmente como O Piloto, foi un guerrilleiro que loitou contra a ditadura franquista e en defensa da legalidade da República. Nado no Concello d’O Corgo en febreiro de 1915, ingresou na Aviación Militar española aos 16 anos, onde gañou o alcume e o título de cabo. Durante a Guerra Civil desertou do bando franquista e uniuse ao republicano, Ao rematar a guerra foi arrestado e condenado a 30 anos de prisión, dos que só cumpriu 4 grazas a un indulto. Ingresou no Exército Guerrilleiro de Galiza en 1945 e elaborou os estatutos das Agrupacións II-III do Exército Guerrilleiro de Liberación Nacional. A partir de 1948, o PCE retiroulle o apoio, pero el continuou coa súa loita.

Asasinado preto do salto de Belesar o 10 de Marzo de 1965, cando xa ían 26 anos desde que finalizara a guerra civil, levaba enriba dúas pistolas, unha delas ametralladora, e 150 balas. Para el a guerra non rematara.

O Documental

O documental está baseado na testemuña de case 40 persoas que dalgún xeito tiveron relación c’O Piloto. Entre eles algúns historiadores que son autoridades no estudo da resistencia antifranquista en Galiza.

O documental realizouse baixo a producción e dirección do fotógrafo Xosé Reigosa, o guión de Afonso Eiré, e conta cunha banda sonora realizada por Arturo Vaquero, gañador do Premio Mestre Mateo 2013 á Mellor Banda Sonora. Forman parte da equipa técnica Jaime Pardo que se encargou da cámara, Bego Pérez que fixo de axudante de cámara e de script, Begoña Souto, María Nogueira e Luis Figueiras que fixeron o making-off.

Reserva gratuíta

Podes asistir á estrea de “O Piloto” en Compostela reservando gratuitamente con este formulario: