Estrea da obra “A Candeloria”

 Posted by at 08:25 on 18/05/2015  Actividades, Arte, Língua, Música, Teatro
Mai 182015
 2015-05-18T08:25:07+00:00

O sábado 23 de maio ás 17.30h no CSC de Conxo a Compañía Kikiricreques, xurdida no seo da nosa asociación, estrea a súa obra “A Candeloria” un espectáculo para toda a familia con teatro, contacontos, monicreques e música.

kikiricreques

Kikiricreques

Esta Compañía é o resultado de varios meses de traballo, que se iniciaron coa visita guiada á exposición “Barriga Verde, de Feira en Feira” que organizamos o mes de xaneiro do presente 2015. Con motivo desa visita un pequeno grupo de socias e amigos da asociación preparou unha pequena obra de monicreques, que de aí en adiante foron modificando, ampliando e mellorando ata chegar á actual

A Candeloria

Esta é unha obra na que se fusionan teatro, contacontos, monicreques e música, que fomenta a participación do público. Non vos podemos contar nada máis: tedes que vir a vela!!

Actuación gratuita

Poden vir ata 25 crianzas, acompañadas por algún adulto. Reserva enviando un correo electrónico a kikiricreques@gmail.com