Mai 252015
 2015-05-25T08:27:16+00:00

Marta Dacosta conversará co alumnado do noso Obradoiro de Creación Literaria o sábado 30 de maio ás 12h na Libraría Lila de Lillith, nun acto gratuíto e aberto a todos os públicos.

cartaz_marta_2015

Marta Dacosta colabora de novo co Obradoiro de Creación Literaria

O 3 de xuño do ano 2013 Marta Dacosta participou nun encontro sobre creación literaria na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela e deixou tan bo recordo entre nós que este ano quixemos que repetira, ao que ela accedeu encantada. Nesta nova sesión aberta ao público, porén, haberá novidades, pois a propia autora ten interese en tratar algúns temas novos. Non vos podemos contar máis, tedes que vir a escoitala.

Marta Dacosta é autora de diversos poemarios, cunha traxectoria de máis de dúas décadas nas que viron a luz títulos como Crear o mar en Compostela, Pel de ameixa, As amantes de Hamlet ou Acuática Alma e que mereceu premios como o O Grelo, González Garcés ou Martín Códax. Tamén recibiu o Premio Johan Carballeira do Concello de Bueu polo seu último libro dun lago escuro, publicado recentemente con Xerais.

 O obradoiro está a piques de rematar

Pouco lle queda ao Obradoiro de Creación Literaria da Agrupación Cultural O Galo. Agora tócavos aproveitar o verán para pór en orde os vosos escritos, rematar de darlle forma, escribir un pouco máis e darlle aínda outra volta. O próximo curso, continuaremos con esta actividade