Set 102015
 2015-09-10T19:15:43+00:00

Gústache escribir?  Queres mellorar? Amas a literatura? Obradoiro co escritor Francisco Castro dende outubro a maio. Unha oportunidade para xogar coa literatura e gozar dos mundos da ficción e da escrita literaria.

Obradoiro Francisco CastroO Obradoiro Literario e de Novela de Francisco Castro celebrarase de outubro a maio na Librería Couceiro cada segundo mércores de cada mes, entre as 18.30 e as 20.30 horas. O curso está concibido dun xeito lúdico e pensado para todas aquelas persoas a quen lles gusta escribir, levan tempo facéndoo e queren mellorar ou, simplemente, iniciarse na escrita.

Ademáis, este obradoiro é compatíbel co outro obradoiro de creación literaria que organiza a nosa asociación, e ofrécese un desconto especial a aqueles e aquelas que cursen ambos.

PROGRAMA:

  1. Escribir é crear un Universo
    • O esquelete interno da historia.
    • Que contar
    • Por que debo ler a túa historia?
    • Como empezar
    • A música e a mirada do escritor/a
  2. Trama, conflito, personaxes e ambientación.
  3. Cando unha historia é digna de ser contada.
  4. Tipoloxías
    • Novela de aventuras
    • Novela histórica
    • Novela policial
    • Ficción científica
    • Etc…
  5. Escribir é corrixir

Inscríbete no Obradoiro de Francisco Castro

Hai tan só 10 prazas para este obradoiro de escrita literaria e novela, inscríbete cubrindo este formulario

Nome e apelidos:

Email : Telefono:

Cuota:

Se queres facer algún comentario, propor outra hora, facer unha pregunta, etc, aproveita este momento

Es unha persoa ou un robot?
captcha