Out 122015
 2015-10-12T13:15:06+00:00
Daquelas que cantan

O venres 23 unha cita con Rosalía no Vide Vide

O espectáculo pretende facer un breve percorrido pola obra de Rosalía de Castro, salientando a súa plena vixencia e actualidade. Foi estreado na Estrada, co gallo da conmemoración do día de Rosalía, celebrado pola AC Vagalumes, en febreiro do 2015.
Rosalía é unha escritora comprometida coa nación, coa lingua, coas clases sociais máis desfavorecidas e coas mulleres. Mantivo unha postura de rebeldía inquebrantábel e por ela tivo que pagar o prezo de sufrir na súa propia experiencia persoal a marxinación á que son condenados os que erguen a voz reclamando xustiza. Por iso, porque as inxustizas están presentes hoxe coma onte, seguen a existir explotadores e explotados e as mulleres continuamos a ser cidadás de segunda clase, sometidas nunha sociedade machista e patriarcal, quixemos render esta homenaxe a Rosalía de Castro e á radical rebeldía e modernidade da súa obra e pensamento

Elenco:
María Gaiteiro Moure
María Porto Carballo
Clara Iglesias Cortizo
Director:
Lucho Penabade