Out 252015
 2015-10-25T16:51:45+00:00
tempos chegados

tempos chegadosA AC. O Galo de Santiago e a editorial Galaxia organizan a presentación-debate do libro publicado pola ed. Galaxia: ‘TEMPOS CHEGADOS? Sobre o futuro político de Galiza’, con

XUSTO G. BERAMENDI, catedrático emérito de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela e presidente do Padroado do M useo do Pobo Galego.

JOÁM  EVANS  PIM,  forma parte do Partido da Terra e, desde 2011,  dirixe os programas de prevención da violencia do Center for Global Nonkilling (Hawaii).

XOSÉ ANTONIO PORTERO MOLINA (1947) catedrático de Dereito Constitucional primeiro reitor da Universidade da Coruña.

XAVIER VENCE,  catedrático de Economía Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela e portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego (BNG).

VICTOR F. FREIXANES, profesor titular na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela e director da editorial Galaxia, presentará o libro e actuará de moderador

Será o mércores 28 de outubro ás20.30 h no Espazo Enocultural Vide-Vide (Rúa de Santo Antonio, nº 10, Santiago de Compostela)        

O libro está constituido por catro ensaios sobre a forma de organización política da sociedade galega, actualmente e no futuro. Nel, Arturo de Nieves e Carlos Taibo explican: «A nossa intenção, porém, é contribuir para o que consideramos deveria ser uma escolha madura e reflexiva por parte da cidadania galega; a forma de organização política duma sociedade é determinante no bem-estar das pessoas que a integram e por isso achamos que não se deve fundamentar em inércias do passado ou em desinformação do presente. Parece-nos, no entanto, que seja qual for o modo de organização política preferido polos galegos e galegas, essa escolha deve ser livre e informada. Se esta obra é capaz de contribuir para esse propósito, mesmo da forma mais modesta, consideraremos que foi um sucesso.»

Tres ensaios aséntanse na institución Estado, mentres  o cuarto defende un proxecto lonxe dela. Así dous entenden Galiza como parte do Estado español, mentres outro considera unha Galiza independente. É de salientar que Portero outorga maior importancia ao Dereito, Beramend á Historia recente, á Economía Vence e a Historia máis afastada Evans. Os editores deixan ao lector determinar se as opcións lingüístico-ortográficas dos autores posúen algún significado salientable: Portero emprega o castelán, Beramendi e Vence o galego e Evans o portugués.

 

Tempos chegados? Sobre o futuro político de Galiza Autores: JOÁM EVANS,  XUSTO G. BERAMENDI, XOSÉ ANTONIO PORTERO  E XAVIER VENCE. Editores: CARLOS TAIBO profesor de Ciencia Política na Universidade Autónoma de Madrid. ARTURO DE NIEVES, sociólogo pola University of Abertay Dundee (Escocia) e pola Universidade da CoruñaEditorial Galaxia, Vigo 2015