Nov 072015
 2015-11-07T11:36:14+00:00

 

A ACactividades do ano 2013 O Galo comeza: VIÑO  E   …     un ciclo con actividades que no momento da súa realización requiren da colaboración dos asistentes, quenes ao remate de cada unha participarán gratuitamente nunha cata a cegas.

 

Viño e narrativa 1: Suso de Toro

Espazo Etnocultural Vide-Vide. Rua da Fonte de St. Antonio nº 10 Santiago, Venres 13 de novembro de 2015 ás 20:30h.

suso escribindo

“Dando por sabidos os males do alcolismo e tamén os bens que o uso intelixente do alcol proporciona é evidente que hai un recendo a viño e augas ardentes na historia da literatura, un recendo que ás veces é mesmo un cheiro ben forte.

Non sei dicir se a literatura que publiquei ole moito a esas bebidas, teño a idea de que non lle falta ese recendo moitas veces bravo. E podo confesar que tamén me acompañou na escrita, vai unha fotografía tirada de “Polaroid” na que aquel autor no ano 1984, como indica unha folla de calendario, escribía o libro nunha máquina “Underwood” acompañado dunha garrafa de líquido transparente.

Canto aos personaxes dos libros, a miña imaxinación tirounos do que vin e ouvín, tireinos das casas, dos campos, das rúas e dos bares. Ao Nano tireino das dúceas de bares que pasaron pola miña vida e polos que pasei en vida deles. Non lembro ben se especifiquei nalgún momento o que bebía o Nano…”

Suso de Toro

calzados lola - suso de toro sete palabras - suso de toro inmateriais - suso de toro home sen nome - suso de toro