Abecedario con Magin Blanco

 Posted by at 11:35 on 15/11/2015  Música
Nov 152015
 2015-11-15T11:35:13+00:00

Unha  actividade  lúdica  na  que  nenas  e  nenos  de  2 a 7 anos  pintarán,   bailarán  e  cantarán.

Dirixirá a actividade Mónica Pazos e nela cantará e tocará MAGIN BLANCO

A Agrupación Cultural O Galo, coa colaboración da Fundación E. Granell, presentan ABECEDARIO, un disco-libro ilustrado por Óscar Villán e con música de Magin Blanco, que incita ás rapaciñas/os a brincar e expresar as súas emocións.

Este libro-disco publicouno A Mesa pola Normalización Lingúistica co fin de proporcionar material para o ensino, potenciar o uso de vocabulario en idioma galego, e apoiar a lectoescritura e a grafomotricidade en cativas/as de entre 2 e 7 anos.

Na actividade  ABECEDARIO, nenas e nenos colorearán a letras e palabras. E cantarán e bailarán “O Abecedario” o que lles axudará a coñecer o abecedario e palabras en lingua galega, e a desenvolver a aconcentración e a comunicación.

Lugar:  Fundación E. Granell. Praza do Toural.  Santiagoabecedario Santiago

Data:  Venres, 20 de novembro de 2015, ás 18:30h