Dec 012015
 2015-12-01T23:03:53+00:00

aldea do Coureluso das plantas medicinaisNesta conferencia-coloquio, mostraranos as imaxes e achegarnos aos nomes, aplicacións, partes utilizadas, modos de emprego e dosificación das plantas medicinais. E tamén nos falará dos ritos, refráns, adiviñas, cancións, lendas, etc. que as rodean na Serra do Courel, un enclave equivalente ao 5% do territorio de Galiza e no que se atopa representada case a metade da flora da nosa Terra.

Ao remate do acto servirase un viño galego.

María Moure Oteyza é licenciada en Farmacia pola USC e nela tamén obtivo a Suficiencia Investigadora. Especializouse no uso tradicional das plantas medicinais na Serra do Courel, unha práctica que coñece de primeira man pois vivíu ali dous anos.

Impartiu aulas na UNED Senior, e cursos e conferencias en institucións como Universidade de Santiago, Concello da Coruña ou a Diputación de Lugo, e en asociacións culturais. Actualmente colabora co Departamento de Farmacoloxía da USC.As plantas medicinais no Courel