Dec 122015
 2015-12-12T21:33:26+00:00

                                           Presentación-debate

UN CESTO DE MAZÁS

Xoves, 17 de decembro ás 20h na libraria Couceiro. Pl. Cervantes

Montse Fajardo, volve cun novo traballo de memoria oral en Galiza, centrado nas vítimas do golpe de Estado do 36. Un cesto de mazás, recolle dezaseis historias de vítimas directas e das que son consideradas como tal.

Un cesto de mazás, é unha homenaxe ás vítimas esquecidas da nosa recente Historia. Afonda nas consecuencias, no seu sentir, no seu  ronsel de memoria e dor das familias dos represiados polo franquismo. Fala de nais que buscan á Santa Compaña para ver ao fillo fusilado, de nenas que non poden entrar na escola por ser irmás de rojos, de orfos que se orientan polo pau da luz para atopar tumbas sen dereito a nome.

Tamén se proxectará o vídeo O falado da memoria

Interveñen: Luis Bará, investigador e autor do blog “Non des a esquecemento”

Monset Fajardo, autora do libro

Mª Antonia Pérez, presidenta da AC. O Galo

Montse Fajardo, é licenciada en Ciencias Políticas e da Administración e master en Dereito das Administracións e Institucións Públicas, pero profesionalmente sempre estivo vinculada ao xornalismo.

Traballou en O Salnés Siradella, Radio Ames, Diario de Arousa e Faro de Vigo. Agora conduce o programa de entrevistas En Positivo de Arousa TV, e participa no de A memoria das mulleres, promovido polo Concello de Pontevedra.  Un cesto de mazás e o seu segundo libro despois de Matriarcas, este protagonizado por mulleres da posguerra galega, acadou grande acollida, esgotándose tres edicións nun meses.

CARTEL ACTO XOVES EN COMPOSTELA