Xan 212016
 2016-01-21T21:13:07+00:00
Ignacio Vilar fala da Esmorga na Agrupación Cultural O Galo

Ignacio Vilar fala da Esmorga na Agrupación Cultural O Galo

Ignacio Vilar estudou cine en Barcelona e nos seus comezos foi montador para logo orientarse cara ao xénero documental. Estas experiências servíronlle para comprender o valor determinante que acada a imaxe dentro seu entorno, a transcendencia do ritmo narrativo e o decisivo relevo que conquire o guión para os intérpretes e o director . En 1989 gaña o premio de guión “Carlos Velo” e no 2001 o “Lobo de Cinema” ao millor documental.

Con Pradolongo (2008) e Vilamor (2012), afástase do documental e anuncia novas preocupacións narrativas e temáticas, adianta achádegos linguísticos e anticipa xeitos de dirixir que en 2014 activará en A Esmorga, película candidata aos premios Goya na categoria de mellor guión adaptado e que logrou unha moi grande aceptación por parte do público.


Eduardo Blanco Amor en América         Primeira Edición da Esmorga

Na conferencia que impartirá o xoves 28. 01. 2016, Ignacio Vilar, revelaranos as causas que o decidiron a levar a pantala a grande novela de Eduardo Blanco Amor, as dúbidas e problemas con que se atopou para pasar un texto literario da inorme categoría da A Esmorga, a un texto fílmico. Tamén nos explicará porque convertiu a ambientación nun actor mais deste film no que o traballo actoral de Morris, Miguel de Lira e Karra Elejalde, érguese como un dos elementos chaves da película A Esmorga.

As imaxes que Ignacio Vilar utilizará na súa disertación, engaden atractivo e interese a esta palestra que organiza a Agrupación Cultural O Galo e que será presentada por Carlos Callón.

Esta conferencia, como todos os actos da AC O Galo, é aberta ao público e de balde.  Celebrarase no espazo etnocultural Vide-Vide (rúa de Santo Antonio 10, Santiago de Compostela) o xoves 28 de xaneiro de 2016 as 20.30 h. Ao remate terá lugar un coloquio.


Cartaz da película A Esmorga de Ignacio Vilar                     Cartaz da película A Esmorga de Ignacio Vilar