Do gris ao violeta

 Posted by at 11:27 on 28/02/2016  Actividades, Debates
Feb 282016
 2016-02-28T11:27:23+00:00

Con motivo do 8 DE MARZO. DIA INTERNACIONAL DAS MULLERES a AC. O Galo realizará na libraria Lila de Lilith (rúa Travesa nº Santiago de Compostela) dúas paletras-debates:

03.03 2016, ás 20:30h: Do Gris ao Violeta, con Luis Bará e Mª Xesús López Escudero. Presentación Montse Fajardo
10.03.2016: A represión sobre as mulleres tras o golpe de estado do 36. Montse Fajardo

Do-gris-ao-violetawDO GRIS AO VIOLETA. VISIÓN en FEMININO da HISTORIA das MULLERES DE PONTEVEDRA
Recolle estudos sobre as mulleres pioneiras en distíntos ámbitos e inclúe ducias de fotografías, que lles poñen rostro. Do gris ao violeta é produto do programa A memoria das mulleres, unha iniciativa que investiga, documenta e divulga a historia de Pontevedra desde unha óptica feminina. O seu obxectivo consiste en dar a coñecer o protagonismo das mulleres desde a idade media até a actualidade.

Son puntos chave deste proxecto, en 2015 a mostra “Do gris ao violeta”, e agora a publicación que a complementa. Nela Mª Xesús López Escudeiro repasa ás heterodoxas e rebeldes, Carme Vidal, a biografia de artistas como mulleres creadoras con nome propio; e Mª Victoria Martíns a vinculación entre a muller e a educación, incidindo na súa incorporación ao ensino nos s. XIX e XX. Xosé Álvarez e Montse Fajardo, escriben sobre as mulleres pontevedresas que sufriron e sobreviviron á represión franquista, realizando, a través do testemuño de vítimas e familiares, un percorrido pola resistencia e as redes de solidariedade.

Tempo-de-mulleresw

Ana Cabana Iglesia expón como se viviu a protesta contra o pago da cota das Hermandades Sindicais de Labradores e Gandeiros, Mario Gallego afonda sobre as palilleiras e Ramón Rozas na vida de catro pontevedresas do sector servizos: Clara López, de Almacenes Clarita; a taxista Dolores Trabado; Mª Luísa Olañeta (María a do Carrillo); e Dolores Calviño, a señora Lola. María Abelleira Fontán, relata como houbo mulleres que foron quen de termar da terra, da casa, do ceo e do mar co seu traballo e Ana Acuña, a visión de Sabino Torres sobre as prostitutas da Moureira, desvelando asentamentos, espazos e nomes.

Luis Bará e Mª Xesús López Escudeiro, na libraria Lila de Lilith o 03.03.2016 ás 20:30h, explicaranos o porque deste proxecto sobre as mulleres e como a súa realización incidiu na cidadanía.

PortadaDo-gris-ao-violetaw

Luís Bará é concelleiro de patrimonio histórico en Pontevedra, impulsor de A memoria das mulleres. Foi director xeral de Cultura (2005-09), desde onde levou a diante iniciativas como 2006 Ano da Memoira, O barco da memoria, Exposición Memorial da liberdade, S. Simón illa da Memoria, Proxecto Nomes e Voces ou Mulleres con Memoria. É autor do blog Non des a esquecemento.

María Xesús López Escudeiro é catedrática de Francés no ensino medio, integrante do equipo do programa A memoria das mulleres e coordinadora da exposición e do libro Do gris ao violeta. Foi concelleira de Educación e Muller no concello de Pontevedra e delegada de Cultura da Xunta de Galicia en Pontevedra (2006-2009)