Visita guiada á exposición con-fío

 Posted by at 17:46 on 17/04/2016  Actividades, Arte, Historia
Abr 172016
 2016-04-17T17:46:47+00:00

Sábado, 23 de abril, ás 12:30h. Museo da Cidade da Cultura.

Con-Fío pódese considerar unha homenaxe a todas as persoas que forxaron unha artesanía e unha industria que na Galiza acadou un desenvolvemento parello ás necesidades da poboación, un importante “savoir faire” e que se expandiu para vender o seus produtos fóra das nosas fronteiras.

Recreacións de aparellos, fotos, cadros, audiovisuais e pezas diversas, conforman o percorrido desta mostra que abarca da prehistoria ao s. XXI. Nela achegámonos á produción e tratamento da lá e do liño, ao traballo das tecedeiras, das costureiras e xastres, á expansión desta industria co emprego de novos materiais, de maquinaria moderna, de deseños actualizados e do uso de campañas para as que recorreu a grandes publicistas ou a persoeiros como Dali.

En Con-Fío tamén ollamos os deseños mais persoais das principais modistas/os que axudaron a conformar da nosa industria téxtil unha imaxe de marca contemporánea. Vemos as aportación das xeracións mas xoves e das que agora se están a formar e que imprimirán novas aportacións a este noso sector, con incluso presenza no vestiario de series televisivas de difusión internacional.

 

expo Con - FioCon - FioExpo Con - Fio. O Textil en Galiza