Abr 262016
 2016-04-26T18:01:39+00:00

 

MargaritaO venres 29 de abril ás 20h na libraría Cronopios de Santiago (Rua Alfredo Bralas nº 24) presentamos o libro-DVD Manuel María: eu son fala e terra desta miña terra, realizados por Margarita Ledo Andión e adicados a Manuel María, o escritor homenaxeado este ano no día das Letras Galegas.

No libro figuran textos de Miguel Anxo Fernán Vello, Paulino Pereiro, Carme Vidal, Darío Xohán Cabana e doutras/os escritoras/es. No audiovisual, en formato DVD, a partires da voz e da imaxe do propio Manuel María, faise un percorrido polo contorno máis próximo do autor da Terra Cha, pola súa extensa obra (poesía, narrativa, teatro …) e polo seu activismo político. As diferentes facianas de Manuel María aparecen neste documental dirixido por Margarita Ledo quen compartiu con él moitas vivencias e ilusións.

No acto intervirá a directora do filme e coordinadora do libro-DVD, Margarita Ledo e a xornalista Carme Vidal