Primavera silenciosa de Rachel Carson

 Posted by at 11:57 on 06/05/2016  Debates, Língua
Mai 062016
 2016-05-06T11:57:49+00:00

 

introduo-15-638Tapa Primavera SilenciosaRaquel Carson2

 

 

 

 

 

 

 

Presentación  da  tradución  do  inglés  ao  galego  do  libro  

Primavera silenciosa  de  Rachel  Carson

Xoves 12 de maio na libraría Couceiro, Praza de Cervantes- Santiago ás 20h

Nesta presentación e debate intervirán:

Xoan Casares Long, catedrático da USC e traductor ao galego de Primavera Silenciosa

Roxelio Pérez Moreira, Prof. Titular de bioloxía da USC

Elvira Cienfuegos, Prof. de Ensino Medio e membro de ADEGA

Marcos Maceira, Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística

Primavera Silenciosa marcou un fito na toma de conciencia sobre a necesidade de preservar o equilibrio do noso ecosistema e colabora decisivamente a afogar a fachendosa e irracional pretensión do “control da natureza”.

A súa autora, a científica Rachel Carson, sostivo que os insecticidas e os herbicidas sintéticos, e os seus residuos, eran biocidas que afectaban a saúde de todos os seres vivos a través da cadea alimentaria.

Estes presupostos eran opostos aos das grandes industrias químicas que atacaron Carson. A científica enfrontouse aos intereses desas grandes empresas multinacionais que a finais de 1950 contaba co apoio do Departamento de Agricultura de USA, un organismo que incluso pagou a rodaxe dun “documental” propagandístico sobre o uso benéfico dos pesticidas.

Pero o impacto de Primavera silenciosa motivou que xa en 1964  o goberno de USA comezase timidamente a inspeccionar a utilización indiscriminada dos pesticidas, que posteriormente ditase leis que tentaban regulalo ou que crease a Axencia de Protección Medioambiental. Por riba, contribuíu a que se instaurase o “Día da Terra, a que nacesen na sociedade grupos organizados que loiten pola conservación do medio ambiente, así como a que xurdise a conciencia ecoloxista e con ela ese grande movemento social.