Mai 142016
 2016-05-14T18:20:54+00:00

Presentamos na Libraría Couceiro, Praza Cervantes o xoves 19 de maio ás 20h, a tradución do francés ou galego realizada por Henrique Harguindey de  Historia do nobre Ponto, que foi rei de Galiza e de Bretaña. 

Este libro publicado pola ed. Rinoceronte é un relato en prosa que se inscribe dentro da literatura cabaleiresca e da materia de Bretaña. Conta a “historia” de Ponto, fillo do rei de Galiza, que fuxe por mar cun fato de compañeiros tras a toma da Coruña polos musulmáns e a morte do seu pai, o rei Tiber.

Pero o barco naufraga nas costas de Bretaña, onde os acollen nobres bretóns. Alí namoranse de Sidonia, a filla do rei, mais os namorados pasan por moitas desventuras, ata que finalmente, Ponto, reconquista o seu país e casa coa princesa, sendo rei de Bretaña e Galiza.

Malia a que no século XIV Galiza xa non era independente, si era moi coñecida en Europa grazas ao Camiño de Santiago e ao comercio cos países atlánticos. Ademais, nesa época (polas guerras civiles en Castela e o papel nelas da coroa de Portugal) o noso país estaba no primeiro plano da actualidade política xa que nos reinos europeos tiñan lugar negociacións ao máis alto nivel sobre quen debía ostentar o título de rei dunha Galiza independiente.

Antes de selo ao galego Historia do nobre Ponto, que foi rei de Galiza e de Bretaña, foi traducida a moitos idiomas (22 edicións en alemán) e aquí inspirou creadores como o novelista Méndez Ferrín en Bretaña Esmeraldina ou Tapa Ponto reio músico Carlos Nuñez en Un galicien en Bretagne.