LIBROSCONVERSO Museo do Pobo Galego

 Posted by at 17:28 on 16/05/2016  Arte
Mai 162016
 2016-05-16T17:28:44+00:00

Mércores, 18 de maio, Día Internacional dos Museos, ás 18:00, no Museo do Pobo Galego LIBROSCONVERSOS, mostra de Pepe Cáccamo | Baldo Ramos

LIBROSCONVERSOS. Visita guiada a MPG

No Día Internacional dos Museos, o Museo do Pobo Galego organiza unha visita guiada aberta e de balde á exposición LIBROSCONVERSOS, de Pepe Cáccamo e Baldo Ramos

Este proxecto xorde como un diálogo entre creación literaria e a plástica. Escollendo poemas da nosa tradición poética clásica e contemporánea, ou ben encargándolle a algúns autores textos que dialogarán coas súas pezas plásticas, estes dous poetas e artistas van fiando un diálogo entre a literatura como contido e o libro como continente. Libros de artista, libros-obxeto, libros intervidos, libros-escultura entran na poesía, reescríbena, amplifícana, agóchana, establecen contactos que propician unha dialéctica de ida e volta: do poema ao libro e do libro ao poema.

Mestizaxe de voces, de olladas, de libros que se abren para convidarnos a entrar nese diálogo que nunca remata.

A visita guiada será conducida por Baldo Ramos e Pilar Sampedro.