Centenario das Irmandades da Fala

 Posted by at 00:02 on 11/07/2016  Historia
Xul 112016
 2016-07-11T00:02:01+00:00

Visita guiada á exposición : 

CENTENARIO  DAS  IRMANDADES  DA  FALA, SAÚDE e TmulleresERRA IRMÁ(N)S!

Anímate e ven á visita guiada por Pepe Barro, coordinador e deseñador desta mostra o mércores 13 de xullo ás 18h no Museo do Pobo Galego.

A Agrupación Cultural O Galo estima necesario espallar a labor das Irmandades da Fala e a recepción produtiva do seu traballo político e creativo, xa que sen elas non agromaría a Xeración Nos, o Instituto de Estudos Galegos, o Partido Galeguista ou Estatuto de Autonomía de 1936 e o actual. Coida ademais, que grande parte do seu ideario e reivindicacións seguen vixentes, non esquezamos que as loitaron polo/a:

  1. Uso e promoción da nosa lingua en todos os ámbitos e lugares
  2. Achegamento á poboación da nosa cultura e pola súa revitalización e inclusión nas poéticas dos movementos vangardistas.
  3. A salvagarda e dignificación da nosa identidade e do noso patrimonio
  4. A necesidade duns medios de comunicación de masas propiamente galegos
  5. Posta en vigor dos dereitos políticos de Galiza como nación e a entrada desta nos máis altos organismos políticos internacionais.
  6. A renovación da economía produtiva e financeira de Galiza, baixo criterios de sostibilidade e reversión de ganancias na nosa terra
  7. O recoñecemento dos dereitos das mulleres.