Visita guiada ao pazo Quinteiro da Cruz

 Posted by at 20:51 on 09/04/2017  Roteiros
Abr 092017
 2017-04-09T20:51:31+00:00

Sábado 8 de abril  visitamos os magníficos xardíns do pazo de Quinteiro da Cruz en  Ribadumia os seus viñedos e o súa pequena fragua.
Deseñounos na 2ª metade do s. XIX o paisaxista francés Dorgambide e entre 1975-80, Victoriano Piñeiro encargouse de revitalizar a flora e a vexetación autóctona das terras do pazo. Neste xardíns medran distintas especies de plantas, sendo de sinalar as mas de 1500 variedades de camelias; entre elas a Camellia assimilis, Camellia caudata, Camellia cuspidata, Camellia fluviatilis, Camellia nitidísima, Camellia granthamiana, Camellia sasanqua, Camellia sinensis, Camellia japónica, Camellia reticulata e a Camellia figo. Coa plantación de Camellia sinensis elaboran té verde biolóxico.

Asistimos a unha cata de té e ao concerto dunha mezzosoprano acompañada de piano.