Andaina a favor das persoas refuxiadas

 Posted by at 13:00 on 11/05/2017  Actividades, Roteiros
Mai 112017
 2017-05-11T13:00:53+00:00

Cartaz ADEGA marcha refuxiados

A AC. O Galo colabora coa Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), na marcha para lembrar as persoas refuxiadas que, obrigadas pola fame e as guerras, percorren quilómetros en busca dun acubillo, a maioría das veces, sen garantías de ser minimamente humanitario. A iniciativa está organizada pola Fundación Eira, Médicos do Mundo e AAVV Agra do Orzán e nela colaboran os concellos, Deputación de Pontevedra e outras entidades que podedes ver no cartaz. Ademáis dos que aparecen no cartaz tamén participa a Asociación “Solidariedade galega co pobo saharaui”.A marcha a pé cubrirá 10km, recoméndase roupa e calzado cómodo:

  1. Sairá o sábado 13 de maio da alameda de Melide ás 10.30 e rematará na  Eira da Xoana, en Ramil (Agolada). Neste lugar ADEGA posúe unha casa que conserva tal como era hai 200 anos e que, conta cun tellado novo feito con materiais que é referente na construción ecolóxica.
  2. Os transportes nos cales a xente se desprace ata Melide, deixaranse alí e recomendamos que vaian ocupados en toda a súa capacidade. Os “coches vasoira” recollerán os paquetes coa comida desde o inicio e aos camiñantes cansos, xa desde os 2 km do comezo da marcha. Haberá coches para retornar á xente desde a Eira da Xoana ata Melide, poren, tamén se poden levar os vehículos á Eira da Xoana.
  3. Cada quen levará a súa propia comida e bebida. Xantaremos arredor das 14:30, na leira da Eira da Xoana. E na sobremesa teremos música Eviña de la Torre, cantareir@s e pandereteir@s.comTIGO,…
    Contacontos con Anxo Moure, entre outros.
  4. Despois das 17:30, hai a posibilidade de que cada quen pola súa conta visite o castelo de Pambre, o patrimonio de Melide e desa zona, un territorio cruzado polo Camiño de Santiago francés e polo Camiño de Santiago do norte que conta con monumentos de moito interese.Haberá coches de apoio durante as marchas para recoller ás persoas que o precisen.
  5. Para facilitar a organización do evento, agradecemos comuniquedes a vosa participación, enviando un mail a fundacion@eiradaxoana.gal, chamando aos teléfonos do contacta da web ou no formulario que atoparedes tamén na web. Para máis información, como sempre, entra en: http://eiradaxoana.gal

    Ligazóns